Benvidos a todos e todas ao noso pequeno Blog cuxo tema é a Violencia de Xénero:
Entendemos como Violencia de Xénero calquera tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica. É un tema candente na actualidade, pero sempre estivo presente; pouco a pouco vánse conseguindo avances pero de xeito lento. Os nosos antepasados sufriron en maior medida este fenómeno, en especial as mulleres.
O que pretendo con este Blog é que esta situación mude e que consigamos os mesmos dereitos e igualdades, xa que é de gran importancia tratar dende a base da educación este fenómeno mediante a sensibilización, explicación e afondamento na violencia facéndolle ver as xeneracións máis novas que isto é un grave problema.
As miñas expectativas na materia son aprender a crear un blog e actualizarme nas novas tecnoloxías encamiñadas a ensinanza e afondar neste apartado tan importante, xa que de cara ao futuro van ter unha importancia moi ampla na educación; a cal espero dedicarme nun futuro próximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario