jueves, 24 de diciembre de 2020

REFLEXIÓN INICIAL GRUPAL

Co presente Blog coñecerase a evolución que tivo a violencia de xénero dende que se comezou a contabilizar os casos deste tipo. Para comezar formularase unha breve definición sobre a violencia de xénero. 

A partir deste Blog quérese concienciar ao lector e lectora sobre ditos coñecementos, ideas ou opinións sobre a violencia de xénero, xa que é un tema da actualidade que debe ser erradicado. Tamén trataremos os casos máis relevantes de mulleres víctimas en España. 

A violencia defínese, de forma xeral, como calquera tipo de maltrato exercido cara muller polo simple feito de pertencer ao sexo feminino. Pode darse en calquera lugar de ámbito público, como o traballo, a rúa, o domicilio familiar... A miúdo a violencia de xénero relaciónase coa vida conxugal, é dicir, exercida pola parella da vítima, aínda que non sempre é así,xa que a violencia de xénero pódese dar en diferentes ámbitos sen que exista unha relación matrimonial ou de parella. A violencia de xénero é exercida dende hai moitos séculos, converténdose nun fenómeno social que non distingue de raza, de nivel cultural nin de nivel económico, xa que tan só polo feito de ser muller xa se converte nunha razón suficiente para ser vítimas. 

As nosas expectativas a acadar serán:
  • Sensibilizar a todos e todas sobre a violencia de xénero e as súas consecuencias. 
  • Achegar este fénomeno ao ámbito escolar.
  • Fomentar a educación en igualdade dende as idades máis temperás, sabendo a evolución da muller ao longo da historia. 
  • Clarificar os conceptos que a definen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario