jueves, 7 de febrero de 2019

REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Bo día de novo!

Trala primeira semana de toma de contacto ca materia, tocou decidirnos por un proxecto. Optamos pola revista dixital, un medio que nos pareceu interesante e fácil de utilizar nun contexto dun aula de educación primaria.

Para comezar o traballo e como un simple achegamento a el, consultei diversos recursos web que nos proporcionou a nosa profesora. Dito esto, imos aló cas tres páxinas que eu destacaría:
  • “La Voz de la Escuela”: Malia ser un suplemento dun xornal e non unha revista dixital de por si, conta con numerosos artigos referidos ó ámbito escolar e que poden ser de proveito para involucrar ó alumnado en temas como o respecto á natureza. Déixovos o enlace: https://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaescuela/
  • “Revista Comunicar”: Este é un exemplo de revista científica en varios idiomas, que eu descoñecía, que se publica en español e inglés con partes en linguas como o portugués ou o chinés. É accesible tanto impreso como dixitalmente e a maiores, é gratis!. Aquí vos queda o enlace: https://www.revistacomunicar.com/
  • “Letter Pop”. Esta é a terceira opción que vou poñer aquí. Esta é unha web que conta con plantillas para crear revistas ou invitacións. Como no caso anterior, non a coñecía pero é probable que lle demos uso para a nosa futura revista. A dirección é esta: http://www.letterpop.com/
Para acabar, dicir que espero que isto vos sexa de axuda. Saúdos e ata outra amigxs!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario