jueves, 14 de febrero de 2019

O NOSO PROXECTO

Bo día amigos e amigas!!

Nesta materia de Novas Tecnoloxías eliximos a revista dixital como proxecto partindo de numerosos recursos que buscamos entre todos/as.

Primeiro cómpre coñecer que é unha revista dixital, que se pode definir como o seguinte: Secuencia de contidos que tratan sobre un mesmo tema e se publican dixitalmente para que o usuario interactúe e se interconecte cas redes.

Facemos este traballo cun obxectivo claro, o de sensibilización da xente cas mulleres vítimas e amosar así que non se está aínda nunha situación de igualdade no noso país.



Resultado de imagen de lazo de violencia de género


miércoles, 13 de febrero de 2019

REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Ola blogueiros/as !!!


Tras realizar un estudo a fondo sobre todas as posibilidades que nos ofrece a rede como apoio didáctico decidinme polo Catalogo Dixital de Santillana, na Revista Comunicar e na Revista Quaderns Digitals.


-O Catálogo Dixital de Santillana ofrecenos un amplo abaníco de posibilidades en canto a materias a tratar dentro de Ed. Primaria, xa que nos ofrece libros de texto, exercicios de matemáticas e un gran numero de cadernillos de repaso para fortalecer e mellorar a aprendizaxe.
http://www.digital.santillana.es/t/catalogo/

-A Revista Comunicar apórtanos ademáis de que é trimestral un amplo abánico de idiomas, deste xeito podémoslle transmitir aos docentes unha variedade de linguas o cal os enriquecerá e tamén nos permitirá atender así a certo alumnado estranxeiro e utilizala en certas asignaturas como as linguas estranxeiras.  http://www.revistacomunicar.com/

-A Revista Quaderns Digital é unha ferramenta de aprendizaxe moi boa xa que esta trata todos os temas relevantes da nosa vida, así como todas as materias que se levan a cabo na etapa escolar que nos atínxe e nós. Deste xeito tamén nos podemos atopar con varios experimentos e demostracións prácticas e visuais. http://quadernsdigitals.net/

Un saúdo blogueiros e blogueiras...




   


                                 

O NOSO PROXECTO

Bo día a todos e todas!

Para o traballo que estamos realizando nas clases da materia Novas Tecnoloxías os meus compañeiros e máis eu eleximos como  proxecto a revista dixital.

As revistas dixitais son publicacións periódicas que se xeran a través de elementos electrónicos. As súas características principais son a rápida difusión, o aforro do coste e a fiabilidade para o seu uso, xa que é un documento electrónico que pode ser manipulado constantemente.


O obxectivo que pretendemos acadar co noso traballo é que a xente se sensibilice máis coas mulleres afectadas con este tipo de violencia, e mostrarlle así ao mundo a realidade que afecta a sociedade.


Resultado de imagen de lazo de violencia de género


O NOSO PROXECTO

Bo día a todos e a todas!

Os meus compañeiros e compañeiras na materia de Novas Tecnoloxías decidimos elixir como proxecto unha revista dixital.

As revistas dixitais son plataformas dixitais que fan publicación periódicamente. Destacan polo aforro de coste, a sua rápida difusión e a súa fiabilidade xa que é un recurso que pode ser modificado constantemente.

O que pretendemos acadar os/as membros/as do meu grupo e máis eu é concienciar ao conxunto da poboación sobre un problema que actualmente esta dando moito que falar, e que é preciso erradicar.


Resultado de imagen de lazo de violencia de gnero

jueves, 7 de febrero de 2019

REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Bo día de novo!

Trala primeira semana de toma de contacto ca materia, tocou decidirnos por un proxecto. Optamos pola revista dixital, un medio que nos pareceu interesante e fácil de utilizar nun contexto dun aula de educación primaria.

Para comezar o traballo e como un simple achegamento a el, consultei diversos recursos web que nos proporcionou a nosa profesora. Dito esto, imos aló cas tres páxinas que eu destacaría:
  • “La Voz de la Escuela”: Malia ser un suplemento dun xornal e non unha revista dixital de por si, conta con numerosos artigos referidos ó ámbito escolar e que poden ser de proveito para involucrar ó alumnado en temas como o respecto á natureza. Déixovos o enlace: https://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaescuela/
  • “Revista Comunicar”: Este é un exemplo de revista científica en varios idiomas, que eu descoñecía, que se publica en español e inglés con partes en linguas como o portugués ou o chinés. É accesible tanto impreso como dixitalmente e a maiores, é gratis!. Aquí vos queda o enlace: https://www.revistacomunicar.com/
  • “Letter Pop”. Esta é a terceira opción que vou poñer aquí. Esta é unha web que conta con plantillas para crear revistas ou invitacións. Como no caso anterior, non a coñecía pero é probable que lle demos uso para a nosa futura revista. A dirección é esta: http://www.letterpop.com/
Para acabar, dicir que espero que isto vos sexa de axuda. Saúdos e ata outra amigxs!!





REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Bos días:

Hoxe comezaremos realizando unha pequena investigación nos diferentes recursos que nos ofrece internet. Para elo, elixín tres dos catorce utensilios que nos propuxo a profesora da materia de Novas Tecnoloxías.
  • Nun primeiro contacto coa Revista Educación 3.0 puiden ver que é moi educativa xa que axuda tanto aos alumnos/as de todo tipo de cursos como aos profesores que imparten clase a traballar en equipo, a impatir clases, a utilizar diferentes xogos como o Super Mario para poder ter un ámbiente educativo máis entretido.... Déixovos o enlace para que podades entrar (http://www.educaciontrespuntocero.com/)
  • Como segunda opción escollín unha parte do periódico "La Voz de Galicia" chamada "La Voz de la Escuela". Pareceme moi educativo xa que calqueira persoa que lee habitualmente este periódico pode achegarse máis ao mundo educativo e pode ver o que lle acontece aos alumnos e alumnas. Déixovos o enlace (https://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaescuela/)
  • Como última opción escollín a "Enciclopedia virtual de Tecnología Educativa", xa que con este recurso profesores/as e alumnos/as poden traballar dunha maneira máis eficiente. Déixovos o enlace (http://tecnologiaedu.us.es/nweb/htm/bibliovir.htm).


REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Ola blogueiros e blogueiras!

Logo de realizar un pequeno estudo sobre algúns dos moitos recursos que nos ofrece a rede, elixín dúas revistas e un repositorio de cursos Abalar para dar unha primeira visión xeral sobre eles/as.
  • Unha das revistas é "Comunicar", unha revista científica trimestral. Decir dela que ademáis de ter coedicións en español e inglés para todo o mundo está especializada en educomunicación: comunicación y educación, TIC, audiencias, novas linguaxes… Déixovos o enlace: http://www.revistacomunicar.com/
  • A segunda das revistas é unha revista de medios e máis de educación, chamada "Pixel Bit". Recomendable porque defende o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) nos centros de ensino e de formación. Enlace: http://www.sav.us.es/pixelbit
  • Por último falaremos do repositorio de cursos Abalar. Este recurso é moi interesante xa que ofrece unha infinidade de cursos sobre os distintos campos que se estudan en Educación Primaria. Aquí vos deixo o enlace: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos

O NOSO PROXECTO

Boas a todos/as bloggeiros/as !!!

Os meus compañeiros e eu decidimos apoiarnos nun soporte moi coñecido como é a revista dixital. Imonos valer desta ferramenta para tentar concienciar e tentar explicar os fenómenos acontecidos no ámbitos que vamos a tratar que é a violencia de xénero.

Unha revista electrónica é unha publicación que ten carácter de revista pero en vez de emplear un formato tradicional emplea como medio de difusión un formato electrónico.
Con estes soportes temos unha maior amplitude de difusión, co que conseguiremos chegar a un maior número de lectores, ademáis ten un custo menor e moitas máis ventaxas.

Con este blogg queremos afondar nesta materia e mostrarvos a realidade do momento en canto a violencia de xénero. Espero que vos guste e vos apaixoe este tema.

Un saúdo.