Mostrando entradas con la etiqueta David Figueiredo Díaz.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta David Figueiredo Díaz.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Ola blogueiros e blogueiras! Douvos a benvida ao noso recuncho sobre a violencia de xénero. Con violencia de xénero referímonos a todo tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica.  

É un tema que actualmente está dando moito que falar xa que día a día atópanse novos casos de vítimas da violencia sexista. O sistema xudicial do Estado debe actuar de maneira que permita eliminar esta lacra da sociedade.  Con este traballo pretendo informar e formar aos cidadáns e cidadás sobre como actuar ante esta situación. 

Nesta asignatura pretendo aumentar as miñas capacidades nas novas tecnoloxías da educación xa que terán unha crecente importancia nas futuras sociedades.


Resultado de imagen de letra d



jueves, 9 de mayo de 2019

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL


Saúdos un día máis!
Chegou o momento de despedirse. Foi unha gran experiencia facer esta revista dixital como proxecto na asignatura de Novas Tecnoloxías. Foi algo que nos enriqueceu no sentido de que ten unha finalidade, educar as masas para mellorar a nosa sociedade, e pensó humildemente que puxemos o noso gran de área para lograr o obxectivo.
Quería dar as grazas a todas as persoas que visitaron alguna vez este blog, aos nosos compañeiros e compañeiras de clase que nos axudaron sempre que tivemos dúbidas, e ás docentes desta materia.
Foi un pracer, ata sempre!



VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS


Bos días a todas e todos!
Esta entrada vouna adicar a facer unha breve reseña sobre o proxecto que expuxo o meu grupo na clase de Novas Tecnoloxías, ademáis de falar do resto de proxectos que puiden ver.
O grupo “lol”, é decir, o meu grupo, realizou un proxecto que en liñas xerais non estivo mal, pero o máis importante é que cumpría a súa función principal: formar e máis concienciar aos máis novos sobre a lacra que é a violencia de xénero.
En xeral, pensó que todos os grupos fixeron bos traballos, para ser a primeira vez, e tamén o souperon plasmar na exposición.
O primeiro grupo foi “Los Ángeles”. Na niña opinión fixeron un traballo moi completo e conseguiron rematalo cunha estupenda presentación. O grupo “Sákata” resumiu bastante ben a explicación para a exposición. 

Por outra banda, o grupo “Work In” fixo unha moi boa presentación explicando e resolvendo moi claramente as súas actividades. Por último, o grupo “Os boinas” trataron un tema moi importante como é a atención á diversidade, e considero que tanto os contidos como a presentación foron moi notables.
E isto é todo por hoxe! Saúdos.




miércoles, 3 de abril de 2019

AS CATRO ACTIVIDADES EDUCATIVAS

Saúdos de novo!


No día de hoxe, para rematar, falareivos das catro actividades interactivas que creei coas tres aplicacións das que falei anteriormente, é dicir educaplay, puzzle maker e máis quiz box.




Na primeira delas, HotPotatoes, fixen dous exercicios. Nun deles temos que ordenar as letras para formar unha palabra: 




Na outra, temos que ordenar as palabras para formar unha oración con sentido:




A segunda ferramenta que utilicei foi Puzzle maker, na cal creei a seguinte sopa de letras, na que debemos encontrar as palabras que aparecen na parte inferior:


Por último, empreguei Quizbox, na cal creei un breve custionario sobre a violencia de xénero. Aquí tedes a imaxe:



APLICACIÓNS


Ola de novo blogueiros e blogueiras! 

Agora fareivos un breve informe sobre a última aplicación que utilicei, puzzle maker!
Trátase dunha app bastante completa que nos permite crear todo tipo de actividades interactivas: sopas de letras, crucigramas, laberintos ou sudokus, entre outros.
Algo que non me gustou desta aplicación é que unha vez que creas un exercicio non che permite gardar o enlace e realizalo noutro momento porque se saes perdes a túa creación. Polo demais paréceme moi útil xa que resulta moi sinxelo e rápido crear actividades.

Aquí vos deixo unha imaxe da páxina principal de puzzle maker:




APLICACIÓNS

Ola de novo blogueiros e blogueiras!


A segunda aplicación que empreguei foi quizbox, na que realicei un cuestionario sobre o tema do noso blog, é dicir, a violencia de xénero.


A app da que falamos permítenos crear cuestionarios con dúas, tres ou catro respostas. Por outra banda tamén nos da a opción de escribir un texto de introdución e outro de despedida do cuestionario. Por último pareceume unha aplicación bastante simple, fácil e rápida de usar. Aquí vos deixo unha imaxe da páxina principal.




APLICACIÓNS


Bo día blogueiras e blogueiros!!!


No día de hoxe vouvos a falar sobre as distintas aplicacións que utilicei para crear actividades interactivas para que os nenos resolvan.

A primeira delas Educaplay, unha aplicación para "inventar" actividades interactivas.

Trátase dunha páxina que nos mostra un amplo abanico de opcións para crear exercicios, por exemplo crucigramas ou sopas de letras. Ademáis permite a opción de deixar gardadas as actividades que xa creaches na propia páxina para que poidas crear máis. Por outra banda sorprendeume que é unha páxina bastante sinxela de usar, comparada con outras. En resumo, unha boa opción se o que queres e facer exercicios interactivos!



Aquí vos deixo unha imaxe da páxina web:


Resultado de imagen de educaplay

miércoles, 13 de marzo de 2019

ENGADIMOS FERRAMENTAS

Bo día a todos e a todas!!!

Existen recursos multimedia que poden ser moi útiles para empregalos na aula. Logo de indagar un chisco escollín os que máis me gustaron. Este é un pequeno informe sobre algúns deles:

- Powton: Pareceme unha aplicación moi interesante porque permite ilustrar, mediante imaxes e sons, de maneira clara calquer tema. Ten varias versións (unhas gratuítas e outras non) e ademáis e moi sinxela de usar.

- Edpuzzle: Trátase dunha aplicación que permite crear vídeos con preguntas para o alumnado que logo o/a docente pode avaliar. Paréceme moi útil porque o profesorado pode incorporar diversas alternativas para mellorar a instrucción dos alumnos e alumnas.

- Clipchamp: Trátase dunha aplicación que permite editar vídeos e facer presentacións multimedia. De todas maneiras, na miña opinión resultaría mellor utilizar un editor de vídeos propiamente xa que poderíamos contar cun maior número de opcións á hora de editar

- Book Tráiler: É unha ferramenta moi útil para fomentar a lectura. Mediante imaxes e sons, esta app permite facer un "tráiler" do libro. Por outra banda é máis complexa de empregar que as anteriormente mencionadas.




jueves, 7 de marzo de 2019

RECURSOS PARA A AULA

Ola a todos e todas!!

No día de hoxe mostrareivos tres recursos que tratan sobre a violencia de xénero, aquí vos deixo un breve informe:

O primeiro dos recursos é unha noticia dun xornal no que a diputada de Esquerra Republicana de Catalunya revela no Parlament que foi vítima de violencia de xénero. 




O segundo recurso que escollín é un artículo dunha revista científica no que se definen os tipos de violencia de xénero dentro do marco xurídico. Paréceme interesante xa que cómpre coñecer todos os xeitos de acosar para poder denuncialo. Aquí está o enlace: http://revistas.ucm.es/index.php/FORO/article/view/37248



Por último gustaríame mostrarvos un corto sobre a violencia de xénero no que uns adolescentes mostran que non se debe tolerar ao maltratador e que non é bo estar nunha relación insana. Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=k9Qffi53qkg&feature=youtu.be

miércoles, 13 de febrero de 2019

O NOSO PROXECTO

Bo día a todos e a todas!

Os meus compañeiros e compañeiras na materia de Novas Tecnoloxías decidimos elixir como proxecto unha revista dixital.

As revistas dixitais son plataformas dixitais que fan publicación periódicamente. Destacan polo aforro de coste, a sua rápida difusión e a súa fiabilidade xa que é un recurso que pode ser modificado constantemente.

O que pretendemos acadar os/as membros/as do meu grupo e máis eu é concienciar ao conxunto da poboación sobre un problema que actualmente esta dando moito que falar, e que é preciso erradicar.


Resultado de imagen de lazo de violencia de gnero

jueves, 7 de febrero de 2019

REVISTA ESCOLAR DIXITAL

Ola blogueiros e blogueiras!

Logo de realizar un pequeno estudo sobre algúns dos moitos recursos que nos ofrece a rede, elixín dúas revistas e un repositorio de cursos Abalar para dar unha primeira visión xeral sobre eles/as.
  • Unha das revistas é "Comunicar", unha revista científica trimestral. Decir dela que ademáis de ter coedicións en español e inglés para todo o mundo está especializada en educomunicación: comunicación y educación, TIC, audiencias, novas linguaxes… Déixovos o enlace: http://www.revistacomunicar.com/
  • A segunda das revistas é unha revista de medios e máis de educación, chamada "Pixel Bit". Recomendable porque defende o uso das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) nos centros de ensino e de formación. Enlace: http://www.sav.us.es/pixelbit
  • Por último falaremos do repositorio de cursos Abalar. Este recurso é moi interesante xa que ofrece unha infinidade de cursos sobre os distintos campos que se estudan en Educación Primaria. Aquí vos deixo o enlace: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos