miércoles, 11 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Ola blogueiros e blogueiras! Douvos a benvida ao noso recuncho sobre a violencia de xénero. Con violencia de xénero referímonos a todo tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica.  

É un tema que actualmente está dando moito que falar xa que día a día atópanse novos casos de vítimas da violencia sexista. O sistema xudicial do Estado debe actuar de maneira que permita eliminar esta lacra da sociedade.  Con este traballo pretendo informar e formar aos cidadáns e cidadás sobre como actuar ante esta situación. 

Nesta asignatura pretendo aumentar as miñas capacidades nas novas tecnoloxías da educación xa que terán unha crecente importancia nas futuras sociedades.


Resultado de imagen de letra d



domingo, 1 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Benvidos a todos e todas ao noso pequeno Blog cuxo tema é a Violencia de Xénero:

Entendemos como Violencia de Xénero calquera tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica. É un tema candente na actualidade, pero sempre estivo presente; pouco a pouco vánse conseguindo avances pero de xeito lento.  Os nosos antepasados sufriron en maior medida este fenómeno, en especial as mulleres. 

O que pretendo con este Blog é que esta situación mude e que consigamos os mesmos dereitos e igualdades, xa que é de gran importancia tratar dende a base da educación este fenómeno mediante a sensibilización, explicación e afondamento na violencia facéndolle ver as xeneracións máis novas que isto é un grave problema. 

As miñas expectativas na materia son aprender a crear un blog e actualizarme nas novas tecnoloxías encamiñadas a ensinanza e afondar neste apartado tan importante, xa que de cara ao futuro van ter unha importancia moi ampla na educación; a cal espero dedicarme nun futuro próximo.


Resultado de imagen de letra i