jueves, 24 de diciembre de 2020

REFLEXIÓN INICIAL GRUPAL

Co presente Blog coñecerase a evolución que tivo a violencia de xénero dende que se comezou a contabilizar os casos deste tipo. Para comezar formularase unha breve definición sobre a violencia de xénero. 

A partir deste Blog quérese concienciar ao lector e lectora sobre ditos coñecementos, ideas ou opinións sobre a violencia de xénero, xa que é un tema da actualidade que debe ser erradicado. Tamén trataremos os casos máis relevantes de mulleres víctimas en España. 

A violencia defínese, de forma xeral, como calquera tipo de maltrato exercido cara muller polo simple feito de pertencer ao sexo feminino. Pode darse en calquera lugar de ámbito público, como o traballo, a rúa, o domicilio familiar... A miúdo a violencia de xénero relaciónase coa vida conxugal, é dicir, exercida pola parella da vítima, aínda que non sempre é así,xa que a violencia de xénero pódese dar en diferentes ámbitos sen que exista unha relación matrimonial ou de parella. A violencia de xénero é exercida dende hai moitos séculos, converténdose nun fenómeno social que non distingue de raza, de nivel cultural nin de nivel económico, xa que tan só polo feito de ser muller xa se converte nunha razón suficiente para ser vítimas. 

As nosas expectativas a acadar serán:
  • Sensibilizar a todos e todas sobre a violencia de xénero e as súas consecuencias. 
  • Achegar este fénomeno ao ámbito escolar.
  • Fomentar a educación en igualdade dende as idades máis temperás, sabendo a evolución da muller ao longo da historia. 
  • Clarificar os conceptos que a definen.

jueves, 9 de enero de 2020

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Bo día, amigos e amigas!

Sede benvidos ao noso blog, no que trataremos un dos temas máis importantes da actualidade en España, a Violencia de Xénero.

A partir da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria, imos tentar colaborar desde a información na erradicación desta lacra que nos leva asolando moito tempo. Para avanzar nesta loita considero que o uso das tecnoloxías en colaboración cunha educación libre desigualdades de calquera tipo pode axudar na reducción dos casos de violencia, xa que a educación é o primeiro paso.



Resultado de imagen de Letra X

jueves, 2 de enero de 2020

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Ola blogueiros e blogueiras! 

Benvidos ao noso Blog que trata sobre un dos temas máis actuais en España, a Violencia de Xénero. O que pretendo e tratar sobre este tema e as súas consecuencias para poder erradicalo dunha vez. 

Con esta asignatura quero ampliar os meus coñecementos para nun futuro poder impartir clases achegándonos dunha maneira máis educativa as novas tecnoloxías e sempre cunha iguladade de dereitos e oportunidades para ambos sexos.


Imagen relacionada

miércoles, 11 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Ola blogueiros e blogueiras! Douvos a benvida ao noso recuncho sobre a violencia de xénero. Con violencia de xénero referímonos a todo tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica.  

É un tema que actualmente está dando moito que falar xa que día a día atópanse novos casos de vítimas da violencia sexista. O sistema xudicial do Estado debe actuar de maneira que permita eliminar esta lacra da sociedade.  Con este traballo pretendo informar e formar aos cidadáns e cidadás sobre como actuar ante esta situación. 

Nesta asignatura pretendo aumentar as miñas capacidades nas novas tecnoloxías da educación xa que terán unha crecente importancia nas futuras sociedades.


Resultado de imagen de letra d



domingo, 1 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Benvidos a todos e todas ao noso pequeno Blog cuxo tema é a Violencia de Xénero:

Entendemos como Violencia de Xénero calquera tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica. É un tema candente na actualidade, pero sempre estivo presente; pouco a pouco vánse conseguindo avances pero de xeito lento.  Os nosos antepasados sufriron en maior medida este fenómeno, en especial as mulleres. 

O que pretendo con este Blog é que esta situación mude e que consigamos os mesmos dereitos e igualdades, xa que é de gran importancia tratar dende a base da educación este fenómeno mediante a sensibilización, explicación e afondamento na violencia facéndolle ver as xeneracións máis novas que isto é un grave problema. 

As miñas expectativas na materia son aprender a crear un blog e actualizarme nas novas tecnoloxías encamiñadas a ensinanza e afondar neste apartado tan importante, xa que de cara ao futuro van ter unha importancia moi ampla na educación; a cal espero dedicarme nun futuro próximo.


Resultado de imagen de letra i

jueves, 9 de mayo de 2019

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Qué tal blogueiros e blogueiras, de novo por aquí ¡!¡

Hoxe por así decilo chegamos ao remate das clases prácticas en canto ao que respecta a esta asignatura, e debo comunicarvos as grazas por ser unha clase excepcional e por os bos ratos pasados e o compañeirismo e por suposto o bo facer das docentes.

Por outra banda agradecer tamén o que nos aportastedes en canto a contidos, xa que ao remate deste cuatrimestre somos uns/unhas alumnos/as máis formados en canto a TIC´s se refire, xa que agora somos quen de elaborar exercicios como futuros mestres e mestras utilizando as novas tecnoloxías, o cal nos aporta unha infinidade de recursos.

Ademáis coa preparación do proxecto, do cal nos sentimos profundamente orgullosos/as xa que era algo totalmente novo para nós e o cal nos costou un gran traballo, polo que podemos decir que esta asignatura foi de gran axuda para un futuro como docentes.

Moita sorte futuros mestres e mestras, vémonos de contado ¡!¡





DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Hola de novo a todos e todas os e as blogueiros e blogueiras!!!

O curso remata e con él  a materia de Novas Tecnoloxías e este Blog. Espero que disfrutarades moito lendo cada entrada que íamos subindo ao longo das semanas ao igual ca nosotros, xa que nos divertimos moito traballando en equipo e compartindo os nosos pensamentos e opinións.

Os comezos non foron moi bos debido as diferentes opinións que tiña cada integrante deste grupo, pero con temopo e paciencia melloramos a nosa relación e o traballo educativo que fumos realizando ao longo do cuatrimestre.

Espero que este Blog servira para concienciar a moitas persoas sobre o que esta a ocorrer na actualidade: hai unha gran presenza de casos machistas e violentos. Este fenómeno debe ser erradicado, e para comezar temos que impartir aos máis xóneves unha educación basada nos valores de igualdade e equidade, xa que son o futuro da sociedade.

Para rematar esta aventura, dárvos as grazas a todos e todas que nos acompañastedes durante este cuatrimestre, incluído ás docentes e espero que tiñades moita sorte no futuro e podades impartir clases cunha igualdade entre ambos sexos.