Moi boas a todos e todas!!
Estamos chegando ao fin da nosa aventura nesta materia e cómpre facer unha parada para reflexionar acerca do que aprendimos. Este traballo, que relaciona as novas tecnoloxías ca escola é algo que creo que nos ofrece moitas posibilidades á hora de levar unha clase no futuro.
O noso proxecto foi tomado coa ilusión de quen proba a facer algo distinto, algo que nunca fixeramos. Creo que quedou un bo traballo e que o noso esforzo foi elevado.
Xa para rematar esta aventura, dárvos as grazas a todos e todas que nos acompañastedes durante este cuatrimestre, incluído ás docentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario