miércoles, 8 de mayo de 2019

VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS

Bos días compañeiros e compañeiras !¡!


Decidín elaborar esta breve entrada no noso blog para exporvos a miña idea sobre a exposición do meu grupo e comentar o voso magnífico traballo nas vosas exposicións.

Comezarei tratando a nosa exposición, a cal creo que desenvolvemos dunha maneira correcta, pausada e cun carácter educativo. Nela aportamos unha visión xeral acerca da Violencia de Xénero, así como das actividades as cales creemos que servirán de axuda para levar os aspectos máis teóricos a práctica e deste xeito poder concienciar sobre o termo Violencia de xénero.

A continuación falareivos do resto de exposicións. Na miña opinión todos os grupos; "Los Ángeles", "Os boinas", "Sákata" e o grupo "Work" fixeron unha exposición moi amena, tratando todos os contidos pedidos e dentro do tempo establecido, ademáis de ser moi fluída non fixestes un uso excesivo da lectura.

Se tivese que destacar a algún grupo sería o caso de "Work", que optaron polo uso do punteiro o cal os achegou máis aos que os estabamos atendendo e posibilitou a mellor realización das tarefas a explicar.

Acá vos deixo a miña opinión. Ata outra blogueiros e blogueiras.... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario