Bo día compañeiros e compañeiras!!!
Nesta entrada vóuvos a falar do proxecto que expuxen eu e máis dos que puiden ver na hora establecida para a exposición.
En primeiro lugar, quería facer unha breve exposición sobre a nosa presentación. Considero que foi un traballo ben realizado, que reflectía con exactitude de que queríamos falar, os tipos de Violencia de Xénero e tamén cales eran os tipos de actividades que creamos para os nenos e nenas.
Polo demáis, eu creo que a valoración dos proxectos expostos na mañá do día 8 non pode ser máis positiva. En xeral, todos os grupos que puiden ver remataron o seu traballo e souberon explicalo moi ben.
No caso do grupo "Los Ángeles", en particular, a presentación foi moi boa, entendín perfectamente a estrutura do traballo grazas a unha división deste que considero moi acertada e clara. Ademáis, as tres compañeiras explicaron moi ben as ideas.
No resto de grupos, así en reflexión xeral, todas as explicacións ceñíronse ao tempo estipulado e foron moi concisas como o grupo "Sákata" e o grupo "Work in". Gustoume a utilización do punteiro por parte do grupo "Work in" e os seus exercicios sobre recoñecemento de sonidos.
Por último, o grupo "Os boinas" explicou ben a súa temática e considero que nos fixo chegar a todos e todas as súas reflexións sobre a Atención á Diversidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario