Bo día a todos e a todas!!!
Existen recursos multimedia que poden ser moi útiles para empregalos na aula. Logo de indagar un chisco escollín os que máis me gustaron. Este é un pequeno informe sobre algúns deles:
- Powton: Pareceme unha aplicación moi interesante porque permite ilustrar, mediante imaxes e sons, de maneira clara calquer tema. Ten varias versións (unhas gratuítas e outras non) e ademáis e moi sinxela de usar.
- Edpuzzle: Trátase dunha aplicación que permite crear vídeos con preguntas para o alumnado que logo o/a docente pode avaliar. Paréceme moi útil porque o profesorado pode incorporar diversas alternativas para mellorar a instrucción dos alumnos e alumnas.
- Clipchamp: Trátase dunha aplicación que permite editar vídeos e facer presentacións multimedia. De todas maneiras, na miña opinión resultaría mellor utilizar un editor de vídeos propiamente xa que poderíamos contar cun maior número de opcións á hora de editar
No hay comentarios:
Publicar un comentario