miércoles, 3 de abril de 2019

APLICACIÓNS

Bo día compañeiros e compañeiras! 

Para a última das miñas actividades utilicei a plataforma ClassTools. Nela pódense crear xogos e actividades educativas. Contén unha gran variedade para que se poidan personalizar ou ir adaptando en función do noso alumnado.

É unha plataforma válida tanto para os docentes como para os alumnos e alumnas e os traballos realizados pódense compartir e realizar en internet.

A miña proposta é un crucigrama sobre a Igualdade e a temática tratada no presente blog. Estas actividades, na miña opinión, contribúe a facer moito máis amena e a darlle un ambiente máis lúdico ao traballo na aula. 



APLICACIÓNS

Boas blogueirose blogueiras, de novo por aquí!!!

Hoxe vouvos a falar de Educaplay, unha aplicación mediante a cal creei dúas das actividades que posteriormente vos amosarei; unha sopa de letras e un cruzigrama.

Educaplay permitenos crear actividades educativas obtendo un resultado profesional como puzzles, sopas de letras, crucigramas, cuestionarios e demáis mediante os cales podemos comprobar os contidos aprendidos polo noso alumnado e realizar unha recollida dos conceptos adquiridos por estes dunha maneira máis amena mediante a cal se entreterán.

Un saúdo blogueiros e blogueiras, acá vos deixo o enlace desta útil aplicación.




APLICACIÓNS

Ola de novo blogueiros e blogueiras!


A segunda aplicación que empreguei foi quizbox, na que realicei un cuestionario sobre o tema do noso blog, é dicir, a violencia de xénero.


A app da que falamos permítenos crear cuestionarios con dúas, tres ou catro respostas. Por outra banda tamén nos da a opción de escribir un texto de introdución e outro de despedida do cuestionario. Por último pareceume unha aplicación bastante simple, fácil e rápida de usar. Aquí vos deixo unha imaxe da páxina principal.




APLICACIÓNS

Bo día de novo, amigos e amigas!!!

Na miña anterior entrada faleivos sobre a ferramenta que empregara para facer as dúas actividades educativas que trataban sobre a violecnia de xénero.

Para facer a terceira actividade, empreguei Jigsaw Planet, que é un recurso web que permite crear, xogar, compartir e competir con puzzles en línea. Fixen un puzzle cunha imaxe sobre a violencia de xénero, na que unha muller esta sentada no fondo e aparece  a man dun home, a foto en branco e negro.

Na miña opinión, creo que é unha ferramenta moi fácil e non é moi complexa, xa que esta en castelán (normalmente todas as páxinas que busquei estaban e inglés e o ordenador non me deixaba traducilas). Recoméndovola se algún día queredes facer actividades relacionadas con todo tipo de temas.

Resultado de imagen de que e jigsawplanet

APLICACIÓNS

Ola de novo amigos e amigas!!!

Hoxe vou facer unha pequena análise doutra das aplicacións que utilicei, a coñecida EducaPlay.

Para comezar, fixen unha sopa de letras interactiva cun resultado bastante interesante, ao igual que o resto de opcións que nos ofrece esta páxina, como son os tests, ou mesmo os videoquiz.

Como segunda actividade, creei unha relativa ó completado de palabras sobre a violencia de xénero dentro dun texto que trata sobre conceptos importantes para os alumnos e alumnas de Primaria.

Na miña opinión creo que é unha aplicación moi doada de utilizar e non moi complexa. Eu persoalmente recoméndoa para cando teñades que crear actividades interactivas para os vosos rapaces! 



APLICACIÓNS


Bo día blogueiras e blogueiros!!!


No día de hoxe vouvos a falar sobre as distintas aplicacións que utilicei para crear actividades interactivas para que os nenos resolvan.

A primeira delas Educaplay, unha aplicación para "inventar" actividades interactivas.

Trátase dunha páxina que nos mostra un amplo abanico de opcións para crear exercicios, por exemplo crucigramas ou sopas de letras. Ademáis permite a opción de deixar gardadas as actividades que xa creaches na propia páxina para que poidas crear máis. Por outra banda sorprendeume que é unha páxina bastante sinxela de usar, comparada con outras. En resumo, unha boa opción se o que queres e facer exercicios interactivos!



Aquí vos deixo unha imaxe da páxina web:


Resultado de imagen de educaplay

APLICACIÓNS


Bo día blogueiros e blogueiras!!!

Hoxe vou facer un pequeno análise das diferentes ferramentas que utilicei para poder crear as catro actividades educativas que mandou a nosa mestra de Novas Tecnoloxías.

Para comezar, fixen un test relacionado coa violencia de xénero en Educaplay , que é unha plataforma que permite crear actividades educativas multimedia cun resultado atractivo e profesional, como mapas, adiviñanzas, crucigramas, diálogos, dictados, ordenar letras palabras, relacionar, sopa de letras, tests...

Como segunda actividade, fixen na mesma páxina un xogo para relacionar palabras sobre a violencia de xénero.

Na miña opinión creo que é unha aplicación moi fácil de utilizar e non é moi complexa, xa que esta en castelán (normalmente todas as páxinas nas que entraba estaban en inglés e o ordenador non me deixaba traducilas. Recoméndovos esta ferramenta se algún día queredes realizar actividades educativas relacionadas con calquer tipo de tema.


Resultado de imagen de educaplay