Bo día blogueiros e blogueiras!!!
Hoxe vou facer un pequeno análise das diferentes ferramentas que utilicei para poder crear as catro actividades educativas que mandou a nosa mestra de Novas Tecnoloxías.
Para comezar, fixen un test relacionado coa violencia de xénero en Educaplay , que é unha plataforma que permite crear actividades educativas multimedia cun resultado atractivo e profesional, como mapas, adiviñanzas, crucigramas, diálogos, dictados, ordenar letras palabras, relacionar, sopa de letras, tests...
Como segunda actividade, fixen na mesma páxina un xogo para relacionar palabras sobre a violencia de xénero.
Na miña opinión creo que é unha aplicación moi fácil de utilizar e non é moi complexa, xa que esta en castelán (normalmente todas as páxinas nas que entraba estaban en inglés e o ordenador non me deixaba traducilas. Recoméndovos esta ferramenta se algún día queredes realizar actividades educativas relacionadas con calquer tipo de tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario