Para a última das miñas actividades utilicei a plataforma ClassTools. Nela pódense crear xogos e actividades educativas. Contén unha gran variedade para que se poidan personalizar ou ir adaptando en función do noso alumnado.
É unha plataforma válida tanto para os docentes como para os alumnos e alumnas e os traballos realizados pódense compartir e realizar en internet.
A miña proposta é un crucigrama sobre a Igualdade e a temática tratada no presente blog. Estas actividades, na miña opinión, contribúe a facer moito máis amena e a darlle un ambiente máis lúdico ao traballo na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario