miércoles, 3 de abril de 2019

AS CATRO ACTIVIDADES EDUCATIVAS

Saúdos de novo!


No día de hoxe, para rematar, falareivos das catro actividades interactivas que creei coas tres aplicacións das que falei anteriormente, é dicir educaplay, puzzle maker e máis quiz box.




Na primeira delas, HotPotatoes, fixen dous exercicios. Nun deles temos que ordenar as letras para formar unha palabra: 




Na outra, temos que ordenar as palabras para formar unha oración con sentido:




A segunda ferramenta que utilicei foi Puzzle maker, na cal creei a seguinte sopa de letras, na que debemos encontrar as palabras que aparecen na parte inferior:


Por último, empreguei Quizbox, na cal creei un breve custionario sobre a violencia de xénero. Aquí tedes a imaxe:



AS CATRO ACTIVIDADES EDUCATIVAS

Boa noite a todos e todas!!!

Tras realizar  actividades educativas multimedia toca comentarvos un pouco cales foron as miñas propostas para as aulas de primaria no ámbito da Violencia de Xénero. Creei catro actividades en tres sitios web diferentes, como mandou a nosa profesora de Novas Tecnoloxías.

En Educaplay fixen dúas actividades. A primeira de todas é un xogo que consiste en relacionar palabras sobre o tema que tratamos no noso Blog, a Violencia de Xénero. Por exemplo, na casilla de violencia relacionaríamos palabras como física, vicaria, simbólica...Deixovos unha captura co enlace da actividade e a súa resolución.




A segunda actividade que fixe na mesma páxina é un pequeno test sobre preguntas como "Cando é o día mundial contra a violencia de xénero?", neste caso sería o "25 de Novembro". Deixovos una captura co enlace da actividade que realicei.




A terceira actividade que fixen, recurrín a Jigsax Planet, un puzzle cunha imaxe en branco e negro na que se pode apreciar a unha muller no fondo sentada nun banco, e en primeiro plano o puño dun home. Deixovos unha captura co enlace.



Para realizar a cuarta actividade, recurrín a Olesur, unha aplicación un pouco complexa a hora de empregala. Nela fixen diferentes follas de cálculo de sumas e restas para que os nenos do curso ao que esta orientada a actividade podan aprender e prácticar matemáticas. Deixovos a captura co enlace.



AS CATRO ACTIVIDADES EDUCATIVAS


Ola a todas e todos!!!

Trala realización das actividades multimedia toca comentarvos un pouco cales foron as miñas propostas para as aulas de primaria no ámbito da Violencia de Xénero. Creei catro actividades en tres sitios web diferentes.

A primeira delas é unha sopa de letras, realizada en EducaPlay e que pide aos alumnos e alumnas buscar unha serie de verbas relacionadas ca Violencia de Xénero e a Igualdade. Conta cun tempo límite amplo e é de sinxela solución.



A segunda é un exercicio de completar un texto referido á Igualdade cas palabras que faltan. Dáselle 3 intentos aos nenos e nenas e, como no anterior caso, foi deseñado en EducaPlay.



A seguinte é un clásico pasatempo, o crucigrama. Neste caso, permite a resposta na web polo que aquí queda o enlace: http://www.classtools.net/crossword/201903-E6ajm2. Fai referencia á Igualdade e ós valores que se deben estudar neste senso. Considéroo unha boa ferramenta, xa que mantén o pasatempo clásico pero ca novidade de poder respondelo co ordenador. Foi realizado en Classtools.



Xa por último, un “Azulexo de letras”, creado na plataforma gratuita PuzzleMaker e que conta cunha frase sobre a temática do blog, desordenada en diferentes “azulexos” e que os alumnos e alumnas deberán ordenar para descubrir a frase que se agocha.



APLICACIÓNS

Hola hola bloggueiros e blogueiras!!!

Para rematar falareivos de Quizbox mediante a cal creei un cuestionario. Esta aplicación permítenos a creación de cuestionarios  simples ou múltiples sobre calquera tema. Ademáis permítenos a autocorrección, é decir deste xeito autoevaluaremonos sendo de gran utilidade e moi práctica.

Acá vos deixo o enlace bloggueiros !¡!


APLICACIÓNS

Bo día de novo a todos e todas!!!

Nas dúas anteriores entradas que fixen vos falei sobre as dúas ferramentas que empreguei para realizar a cuarta actividade educativa que mandou facer a nosa mestra de Novas Tecnoloxías.

Para levar a cabo a cuarta actividade relacionada sobre a violencia de xénero recurrín a Olesur, que é unha apliación dispoñible na red que permite crear actividades para a clase, tanto para a clase de matemáticas, lingua, educación artística.

Nun primeiro momento fixen unha actividade semellante a do caderno rubio, pero borrouma polo que non vos recomendo esta apliación xa que é moi complexa e está moi mal organizada.

Resultado de imagen de olesur

APLICACIÓNS


Ola de novo blogueiros e blogueiras! 

Agora fareivos un breve informe sobre a última aplicación que utilicei, puzzle maker!
Trátase dunha app bastante completa que nos permite crear todo tipo de actividades interactivas: sopas de letras, crucigramas, laberintos ou sudokus, entre outros.
Algo que non me gustou desta aplicación é que unha vez que creas un exercicio non che permite gardar o enlace e realizalo noutro momento porque se saes perdes a túa creación. Polo demais paréceme moi útil xa que resulta moi sinxelo e rápido crear actividades.

Aquí vos deixo unha imaxe da páxina principal de puzzle maker:




APLICACIÓNS

Visitovos de novo blogueiros e blogueiras!!!

Hoxe vouvos falar doutra das aplicacións que utilicei para as actividades que vos amosarei de contado.

Esta aplicación é Hot Potatoes, este software permitenos realizar exercicios educativos que posteriormente poderemos utilizar mediante a web. 

Nesta aplicación creei preguntas con diferentes respostas, deste xeito o alumnado poderá identificar correctamente a resposta.

Utilizadea, xa veredes que fácil é planificar exercicios para os vosos docentes.

Un saúdo !¡!