miércoles, 3 de abril de 2019

AS CATRO ACTIVIDADES EDUCATIVAS


Ola a todas e todos!!!

Trala realización das actividades multimedia toca comentarvos un pouco cales foron as miñas propostas para as aulas de primaria no ámbito da Violencia de Xénero. Creei catro actividades en tres sitios web diferentes.

A primeira delas é unha sopa de letras, realizada en EducaPlay e que pide aos alumnos e alumnas buscar unha serie de verbas relacionadas ca Violencia de Xénero e a Igualdade. Conta cun tempo límite amplo e é de sinxela solución.



A segunda é un exercicio de completar un texto referido á Igualdade cas palabras que faltan. Dáselle 3 intentos aos nenos e nenas e, como no anterior caso, foi deseñado en EducaPlay.



A seguinte é un clásico pasatempo, o crucigrama. Neste caso, permite a resposta na web polo que aquí queda o enlace: http://www.classtools.net/crossword/201903-E6ajm2. Fai referencia á Igualdade e ós valores que se deben estudar neste senso. Considéroo unha boa ferramenta, xa que mantén o pasatempo clásico pero ca novidade de poder respondelo co ordenador. Foi realizado en Classtools.



Xa por último, un “Azulexo de letras”, creado na plataforma gratuita PuzzleMaker e que conta cunha frase sobre a temática do blog, desordenada en diferentes “azulexos” e que os alumnos e alumnas deberán ordenar para descubrir a frase que se agocha.



No hay comentarios:

Publicar un comentario