Boa noite a todos e todas!!!
Tras realizar actividades educativas multimedia toca comentarvos un pouco cales foron as miñas propostas para as aulas de primaria no ámbito da Violencia de Xénero. Creei catro actividades en tres sitios web diferentes, como mandou a nosa profesora de Novas Tecnoloxías.
En Educaplay fixen dúas actividades. A primeira de todas é un xogo que consiste en relacionar palabras sobre o tema que tratamos no noso Blog, a Violencia de Xénero. Por exemplo, na casilla de violencia relacionaríamos palabras como física, vicaria, simbólica...Deixovos unha captura co enlace da actividade e a súa resolución.
A segunda actividade que fixe na mesma páxina é un pequeno test sobre preguntas como "Cando é o día mundial contra a violencia de xénero?", neste caso sería o "25 de Novembro". Deixovos una captura co enlace da actividade que realicei.
A terceira actividade que fixen, recurrín a Jigsax Planet, un puzzle cunha imaxe en branco e negro na que se pode apreciar a unha muller no fondo sentada nun banco, e en primeiro plano o puño dun home. Deixovos unha captura co enlace.
Para realizar a cuarta actividade, recurrín a Olesur, unha aplicación un pouco complexa a hora de empregala. Nela fixen diferentes follas de cálculo de sumas e restas para que os nenos do curso ao que esta orientada a actividade podan aprender e prácticar matemáticas. Deixovos a captura co enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario