jueves, 9 de mayo de 2019

VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS


Bos días a todas e todos!
Esta entrada vouna adicar a facer unha breve reseña sobre o proxecto que expuxo o meu grupo na clase de Novas Tecnoloxías, ademáis de falar do resto de proxectos que puiden ver.
O grupo “lol”, é decir, o meu grupo, realizou un proxecto que en liñas xerais non estivo mal, pero o máis importante é que cumpría a súa función principal: formar e máis concienciar aos máis novos sobre a lacra que é a violencia de xénero.
En xeral, pensó que todos os grupos fixeron bos traballos, para ser a primeira vez, e tamén o souperon plasmar na exposición.
O primeiro grupo foi “Los Ángeles”. Na niña opinión fixeron un traballo moi completo e conseguiron rematalo cunha estupenda presentación. O grupo “Sákata” resumiu bastante ben a explicación para a exposición. 

Por outra banda, o grupo “Work In” fixo unha moi boa presentación explicando e resolvendo moi claramente as súas actividades. Por último, o grupo “Os boinas” trataron un tema moi importante como é a atención á diversidade, e considero que tanto os contidos como a presentación foron moi notables.
E isto é todo por hoxe! Saúdos.




miércoles, 8 de mayo de 2019

VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS

Bo día a todos e todas!!!

No día de hoxe todos os alumnos e alumnas de primeiro de educación primaria tiveron que expoñer os seus proxectos da materia de Novas Tecnoloxías na Universidade de Vigo. Decidín elaborar esta breve entrada no noso blog para exporvos a miña idea sobre a exposición do meu grupo, e comentar o magnífico traballo que fixeron o resto dos nosos compañeiros e compañeiras.

Comezarei tratando a nosa exposición, a cal creo que desenvolvemos dunha maneira correcta, pausada e cun carácter educativo. Levounos un cosiderable tempo facer todo o que hoxe podedes contemplar no Blog, pero con esforzo e dedicación superamos todas as barreiras complexas, como por exemplo a de traballar en equipo. Nun primer momento foi moi difícil, xa que cada persoa integrante do grupo tiña horarios distintos e facíamos as cousas moi tarde, pero tras concienciarnos de que íamos moi atrasados puxémonos a traballar tanto en equipo como solitariamente.

Penso que o noso tema escollido, a Violencia de Xénero, é un tema moi actual e quede ser tratado xa que o número de casos aumenta. Creo que dende moi pequenos tanto os nenos como as nenas deben ser educados baixo os valores de igualdade e equidade, polo que creo que o noso proxecto pode ser moi importante a hora de traballar nunha aula.

Polo demáis, eu creo que a valoración dos proxectos expostos na mañá do día 8 non pode ser máis positiva. En xeral, todos os grupos que puiden ver remataron o seu traballo e souberon explicalo moi ben.

A continuación falareivos da exposición do resto de compañeiros e compañeiras:

- Na miña opinión todos os grupos; "Los Ángeles", "Os boinas", "Sákata" e o grupo "Work" fixestedes unha exposición moi amena, tratando todos os contidos pedidos e dentro do tempo establecido, ademáis de ser moi fluída non fixestes un uso excesivo da lectura.

Se tivese que destacar algún contido que explicou un dos grupos escollería o grupo "Work", xa que as tres integrantes do grupo explicaron moi ben os contidos do seu proxecto e cada unha delas presentou a actividade que realizou.

Ata aquí a miña valoración. Ata outra compañeiros e compañeiras!!!


VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS

Bo día compañeiros e compañeiras!!!

Nesta entrada vóuvos a falar do proxecto que expuxen eu e máis dos que puiden ver na hora establecida para a exposición.

En primeiro lugar, quería facer unha breve exposición sobre a nosa presentación. Considero que foi un traballo ben realizado, que reflectía con exactitude de que queríamos falar, os tipos de Violencia de Xénero e tamén cales eran os tipos de actividades que creamos para os nenos e nenas.

Polo demáis, eu creo que a valoración dos proxectos expostos na mañá do día 8 non pode ser máis positiva. En xeral, todos os grupos que puiden ver remataron o seu traballo e souberon explicalo moi ben.

No caso do grupo "Los Ángeles", en particular, a presentación foi moi boa, entendín perfectamente a estrutura do traballo grazas a unha división deste que considero moi acertada e clara. Ademáis, as tres compañeiras explicaron moi ben as ideas.

No resto de grupos, así en reflexión xeral, todas as explicacións ceñíronse ao tempo estipulado e foron moi concisas como o grupo "Sákata" e o grupo "Work in". Gustoume a utilización do punteiro por parte do grupo "Work in" e os seus exercicios sobre recoñecemento de sonidos.

Por último, o grupo "Os boinas" explicou ben a súa temática e considero que nos fixo chegar a todos e todas as súas reflexións sobre a Atención á Diversidade.

Ata aquí a miña valoración. Ata outra!!!






INFORME

Moi bo día compañeiros e compañeiras!!


Nesta entrada no Blog amosamos unha captura do Informe final do proxecto da materia de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.

No informe falamos do lugar onde estaría o centro para o que realizamos a revista, tamén escribimos unha xustificación, ou sexa, cal é o noso motivo para realizar a revista, os obxectivos e as competencias clave que se tratan e a descrición das actividades que propoñemos. Tamén realizamos unha conclusión sobre o traballo.



VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS

Bos días compañeiros e compañeiras !¡!


Decidín elaborar esta breve entrada no noso blog para exporvos a miña idea sobre a exposición do meu grupo e comentar o voso magnífico traballo nas vosas exposicións.

Comezarei tratando a nosa exposición, a cal creo que desenvolvemos dunha maneira correcta, pausada e cun carácter educativo. Nela aportamos unha visión xeral acerca da Violencia de Xénero, así como das actividades as cales creemos que servirán de axuda para levar os aspectos máis teóricos a práctica e deste xeito poder concienciar sobre o termo Violencia de xénero.

A continuación falareivos do resto de exposicións. Na miña opinión todos os grupos; "Los Ángeles", "Os boinas", "Sákata" e o grupo "Work" fixeron unha exposición moi amena, tratando todos os contidos pedidos e dentro do tempo establecido, ademáis de ser moi fluída non fixestes un uso excesivo da lectura.

Se tivese que destacar a algún grupo sería o caso de "Work", que optaron polo uso do punteiro o cal os achegou máis aos que os estabamos atendendo e posibilitou a mellor realización das tarefas a explicar.

Acá vos deixo a miña opinión. Ata outra blogueiros e blogueiras.... 



A PRESENTACIÓN

Ola de novo! 

Aquí vos deixamos a presentación que realizamos para a exposición na aula.  Está subida no Faitic, que é a páxina web da nosa universidade (Uvigo). Esperemos que vos guste compañeiros e compañeiras.




A NOSA REVISTA



Bo día a todos e todas!!


Hoxe  queremos traer ao noso blog o noso proxecto final, do cal, como non podía ser doutra maneira, estamos moi orgullosos. 


Trátase dunha revista dixital, sobrea temática da Violencia de Xénero explicada para os nenos e nenas principalmente de sexto de primaria. Nela están reflectidas todas as nosas actividades didácticas e diferentes explicacións para aprender facendo e aprender divertíndose de maneira interactiva.

Deíxovos o enlace máis unha captura, só tedes que clicar na imaxe e poderes entrar a nosa gran revista dixtial. Desexamos que vos guste!