miércoles, 11 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Ola blogueiros e blogueiras! Douvos a benvida ao noso recuncho sobre a violencia de xénero. Con violencia de xénero referímonos a todo tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica.  

É un tema que actualmente está dando moito que falar xa que día a día atópanse novos casos de vítimas da violencia sexista. O sistema xudicial do Estado debe actuar de maneira que permita eliminar esta lacra da sociedade.  Con este traballo pretendo informar e formar aos cidadáns e cidadás sobre como actuar ante esta situación. 

Nesta asignatura pretendo aumentar as miñas capacidades nas novas tecnoloxías da educación xa que terán unha crecente importancia nas futuras sociedades.


Resultado de imagen de letra d



domingo, 1 de diciembre de 2019

REFLEXIÓN INDIVIDUAL

Benvidos a todos e todas ao noso pequeno Blog cuxo tema é a Violencia de Xénero:

Entendemos como Violencia de Xénero calquera tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica. É un tema candente na actualidade, pero sempre estivo presente; pouco a pouco vánse conseguindo avances pero de xeito lento.  Os nosos antepasados sufriron en maior medida este fenómeno, en especial as mulleres. 

O que pretendo con este Blog é que esta situación mude e que consigamos os mesmos dereitos e igualdades, xa que é de gran importancia tratar dende a base da educación este fenómeno mediante a sensibilización, explicación e afondamento na violencia facéndolle ver as xeneracións máis novas que isto é un grave problema. 

As miñas expectativas na materia son aprender a crear un blog e actualizarme nas novas tecnoloxías encamiñadas a ensinanza e afondar neste apartado tan importante, xa que de cara ao futuro van ter unha importancia moi ampla na educación; a cal espero dedicarme nun futuro próximo.


Resultado de imagen de letra i

jueves, 9 de mayo de 2019

DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Qué tal blogueiros e blogueiras, de novo por aquí ¡!¡

Hoxe por así decilo chegamos ao remate das clases prácticas en canto ao que respecta a esta asignatura, e debo comunicarvos as grazas por ser unha clase excepcional e por os bos ratos pasados e o compañeirismo e por suposto o bo facer das docentes.

Por outra banda agradecer tamén o que nos aportastedes en canto a contidos, xa que ao remate deste cuatrimestre somos uns/unhas alumnos/as máis formados en canto a TIC´s se refire, xa que agora somos quen de elaborar exercicios como futuros mestres e mestras utilizando as novas tecnoloxías, o cal nos aporta unha infinidade de recursos.

Ademáis coa preparación do proxecto, do cal nos sentimos profundamente orgullosos/as xa que era algo totalmente novo para nós e o cal nos costou un gran traballo, polo que podemos decir que esta asignatura foi de gran axuda para un futuro como docentes.

Moita sorte futuros mestres e mestras, vémonos de contado ¡!¡





DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Hola de novo a todos e todas os e as blogueiros e blogueiras!!!

O curso remata e con él  a materia de Novas Tecnoloxías e este Blog. Espero que disfrutarades moito lendo cada entrada que íamos subindo ao longo das semanas ao igual ca nosotros, xa que nos divertimos moito traballando en equipo e compartindo os nosos pensamentos e opinións.

Os comezos non foron moi bos debido as diferentes opinións que tiña cada integrante deste grupo, pero con temopo e paciencia melloramos a nosa relación e o traballo educativo que fumos realizando ao longo do cuatrimestre.

Espero que este Blog servira para concienciar a moitas persoas sobre o que esta a ocorrer na actualidade: hai unha gran presenza de casos machistas e violentos. Este fenómeno debe ser erradicado, e para comezar temos que impartir aos máis xóneves unha educación basada nos valores de igualdade e equidade, xa que son o futuro da sociedade.

Para rematar esta aventura, dárvos as grazas a todos e todas que nos acompañastedes durante este cuatrimestre, incluído ás docentes e espero que tiñades moita sorte no futuro e podades impartir clases cunha igualdade entre ambos sexos.



DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL

Moi boas a todos e todas!!

Estamos chegando ao fin da nosa aventura nesta materia e cómpre facer unha parada para reflexionar acerca do que aprendimos. Este traballo, que relaciona as novas tecnoloxías ca escola é algo que creo que nos ofrece moitas posibilidades á hora de levar unha clase no futuro.

O noso proxecto foi tomado coa ilusión de quen proba a facer algo distinto, algo que nunca fixeramos. Creo que quedou un bo traballo e que o noso esforzo foi elevado.

Xa para rematar esta aventura, dárvos as grazas a todos e todas que nos acompañastedes durante este cuatrimestre, incluído ás docentes.

Saúdos e ata sempre!!





DESPEDIDA E REFLEXIÓN FINAL


Saúdos un día máis!
Chegou o momento de despedirse. Foi unha gran experiencia facer esta revista dixital como proxecto na asignatura de Novas Tecnoloxías. Foi algo que nos enriqueceu no sentido de que ten unha finalidade, educar as masas para mellorar a nosa sociedade, e pensó humildemente que puxemos o noso gran de área para lograr o obxectivo.
Quería dar as grazas a todas as persoas que visitaron alguna vez este blog, aos nosos compañeiros e compañeiras de clase que nos axudaron sempre que tivemos dúbidas, e ás docentes desta materia.
Foi un pracer, ata sempre!



VALORACIÓN DOS PROXECTOS EXPOSTOS


Bos días a todas e todos!
Esta entrada vouna adicar a facer unha breve reseña sobre o proxecto que expuxo o meu grupo na clase de Novas Tecnoloxías, ademáis de falar do resto de proxectos que puiden ver.
O grupo “lol”, é decir, o meu grupo, realizou un proxecto que en liñas xerais non estivo mal, pero o máis importante é que cumpría a súa función principal: formar e máis concienciar aos máis novos sobre a lacra que é a violencia de xénero.
En xeral, pensó que todos os grupos fixeron bos traballos, para ser a primeira vez, e tamén o souperon plasmar na exposición.
O primeiro grupo foi “Los Ángeles”. Na niña opinión fixeron un traballo moi completo e conseguiron rematalo cunha estupenda presentación. O grupo “Sákata” resumiu bastante ben a explicación para a exposición. 

Por outra banda, o grupo “Work In” fixo unha moi boa presentación explicando e resolvendo moi claramente as súas actividades. Por último, o grupo “Os boinas” trataron un tema moi importante como é a atención á diversidade, e considero que tanto os contidos como a presentación foron moi notables.
E isto é todo por hoxe! Saúdos.