Boas blogueiros e blogueiras !¡!
Hoxe vouvos falar das actividades que creei coas aplicacións que vos expuxen anteriormente, co fin de obter material didáctico que sexa vistoso, entretido e do agrado dos/as docentes.
Comezo a falarvos de Quizbuilder, programa co cal creei un certo tipo de proba, a cal consta de varias preguntas coa posibilidade de duas respostas cada pregunta pero só unha correcta. Deste xeito os alumnos autoevaluaranse mediante este exercicio.
De seguido mediante HotPotatoes creei un cuestionario no cal cohabitan catro respostas posibles para unha pregunta. Deste xeito ampliamos as posibilidades de respostas facendo pensar mais ao alumnado na búsqueda da opción correcta.
A continuación mediante Educaplay realicei a configuración dunha sopa de letras, a cal é dinámica e entretida, na cal o alumnado terá que por en común o aprendido coas habilidades propias para resolver este pasatempo.
Para rematar optei pola creación dun Crucigrama, no cal aparecen certas definicións de palabras relacionadas co tema a tratar, neste caso a Violencia de Xénero, a través das cales o alumnado terá que identificar a palabra que corresponde a dita definición e encadrala no seu oco. Deste modo fomentaremos a memoria a corto e largo plazo, asi como a facilitación da aprendizaxe, a mellora da atención e concentración dos nenos/as, xa que os crucigramas estimulan diferentes funcións cerebrais e habilidades cognitivas necesarias no desenrolo dos/as nosos/as pequenos/as.
Un saúdo blogueiros, espero que vos gustasen as miñas actividades ¡!¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario