miércoles, 13 de marzo de 2019

ENGADIMOS FERRAMENTAS

Bo día a todos e a todas!!!

Existen recursos multimedia que poden ser moi útiles para empregalos na aula. Logo de indagar un chisco escollín os que máis me gustaron. Este é un pequeno informe sobre algúns deles:

- Powton: Pareceme unha aplicación moi interesante porque permite ilustrar, mediante imaxes e sons, de maneira clara calquer tema. Ten varias versións (unhas gratuítas e outras non) e ademáis e moi sinxela de usar.

- Edpuzzle: Trátase dunha aplicación que permite crear vídeos con preguntas para o alumnado que logo o/a docente pode avaliar. Paréceme moi útil porque o profesorado pode incorporar diversas alternativas para mellorar a instrucción dos alumnos e alumnas.

- Clipchamp: Trátase dunha aplicación que permite editar vídeos e facer presentacións multimedia. De todas maneiras, na miña opinión resultaría mellor utilizar un editor de vídeos propiamente xa que poderíamos contar cun maior número de opcións á hora de editar

- Book Tráiler: É unha ferramenta moi útil para fomentar a lectura. Mediante imaxes e sons, esta app permite facer un "tráiler" do libro. Por outra banda é máis complexa de empregar que as anteriormente mencionadas.




ENGADIMOS FERRAMENTAS

Hola blogueiros e blogueiras, atópome de novo por aquí !!!

Hoxe vouvos falar das múltiples ferramentas que existen para a creación e utilización de recursos multimedia na aula e aplicables en todas as etapas da educación. Deste xeito poderedes todos vos entretervos e crearlle aos cativos todo tipo de explicacións didácticas, e atractivas para a súa atención e aprendizaxe.

Aca vos deixo algunhas das que máis me gustan a min, aínda que existen moitas máis;

- Videoquiz: Con esta ferramenta poderemos utilizar calquer tipo de vídeos, ven sexa de producción propia ou a utilización de videos existentes de Youtube ou calquera tipo de plataforma. Ademáis poderemos introducirlle música, preguntas, cuestionarios e demáis para que a utilización desta ferramenta sexa máis didáctica.

- Toontastic 3D: Este recurso permite que os cativos poidan dibuxar, animar, narrar as súas historias. Ademáis, é unha aplicación que permite que a través dunha lectura o alumnado exprese o que esta lle suxire a través de imaxes.

- Educaplay: Con Educaplay poderemos realizar exercicios para que os nenos e nenas leven a cabo o explicado na aula.  Deste xeito mediante encrucigramas, sopas de letras, relacionar palabras mediante frechas e demáis recursos o alumnado aprenderá o explicado.

- Xtranormal: Con esta ferramenta poderemos crear vídeos en 3D, o cal será moi atractivo e visual ante o alumnado, crear diferentes escenarios e ter múltiples posibilidades ante cualquera materia.

Espero que vos gustaran estes recursos blogueiros e blogueiras...



O PÓSTER COMO INSTRUMENTO PARA A APRENDIZAXE


A nosa sociedade vive plenamente integrada nas novas tecnoloxías. A educación debe verse beneficiada desta onda de trasformación que protagoniza a informática. A presenza das TIC ten aumentado moito nos últimos tempos, o que provoca que os alumnos/as conten con maior información e medios para aprender.

Hai multitude de recursos dixitais, dos que falamos no blog, que permiten aos rapaces e rapazas aprender dunha maneira máis visual e distinta, o que atrae a súa atención.

No noso caso, consultamos diferentes webs en busca de materiais relativos á violencia de xénero, co obxectivo de que nos fosen válidos para o noso proxecto final na asignatura e tamén para traballar co alumnado de Educación Primaria este tema.

Nos nosos días, os vídeos explicativos sobre un tema, ou calquera outro método dixital convértense en algo moi necesario para mantelos atentos e atentas nas aulas por ser algo co que están moi en contacto durante moitas horas ao día.

É por iso que se deseñou un póster no que se recollen os recursos dixitais que se creron oportunos e xa foron valorados en entradas anteriores deste mesmo blog. O póster é unha opción alternativa, que mediante un texto reducido e o seu carácter interactivo posibilita a aprendizaxe dun tema. Tamén facilita a transmisión de forma concisa da información. Polo tanto, o póster aportaralle ao alumnado outra maneira de aprender, desde a tecnoloxía e a diversidade de técnicas.

Para rematar, aquí vos deixamos o noso póster compañeiros e compañeiras!!!









jueves, 7 de marzo de 2019

RECURSOS PARA A AULA

Hola blogueiros e blogueiras !!

Tras a miña búsqueda de información de recursos para abordar a temática da violencia de xénero dun xeito didáctico e entretido decanteime pola escolla de dous recursos audiovisuais e de un de carácter escrito. Os meus recursos son os que vos vou amosar de seguido cunha pequena explicación para orientarvos e que vós elixades en cal ou cales adentrarvos.

En primeiro lugar decidín mostrarvos unha cortometraxe, xa que deste xeito tereivos entretidos por un anaquiño e intentarei despertar en vos certos sentimentos e ademáis veredes como é o caso dunha familia na que un membro sofre violencia de xénero e mesmo chega ata a súa defunción por estes malostratos, como arrastra consigo a toda a familia e todo o que isto conleva. Deixovos o enlace: https://youtu.be/cQwJxhIF4DI






Deseguido a miña búsqueda continuou por un método máis didáctico como foi a representación dunha historia dunha parella na cal todo comenzaba dun xeito fermoso con moito amor, pero que pouco a pouco o noivo comezaba a ter momentos de celos, de control ata chegar ao maltratado e a conseguinte violencia de xénero.

Isto explicase neste audiovisual mediante a representación con debuxos e tamén con audio podendo chegar así a persoas con dificultades tanto auditivas como visuais, xa que se entende perfectamente só escoitando ou soamente observando. Deixovos o enlace: https://youtu.be/cQwJxhIF4DI




Para concluír a miña búsqueda centreime nunha
revista, a cal nos achegará certas explicacións e nos responderá a cuestións que todos nos planteamos a cerca da violencia de xénero, dos/as maltartadores/as, das víctimas, das familias, etc. que nos axudarán a comprender máis a fondo este fenómeno. Deixovos o enlace: http://www.revistafusion.com/2006/agosto/temac155.htm


















RECURSOS PARA A AULA

Ola a todos e todas!!

No día de hoxe mostrareivos tres recursos que tratan sobre a violencia de xénero, aquí vos deixo un breve informe:

O primeiro dos recursos é unha noticia dun xornal no que a diputada de Esquerra Republicana de Catalunya revela no Parlament que foi vítima de violencia de xénero. 




O segundo recurso que escollín é un artículo dunha revista científica no que se definen os tipos de violencia de xénero dentro do marco xurídico. Paréceme interesante xa que cómpre coñecer todos os xeitos de acosar para poder denuncialo. Aquí está o enlace: http://revistas.ucm.es/index.php/FORO/article/view/37248



Por último gustaríame mostrarvos un corto sobre a violencia de xénero no que uns adolescentes mostran que non se debe tolerar ao maltratador e que non é bo estar nunha relación insana. Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=k9Qffi53qkg&feature=youtu.be

RECURSOS PARA A AULA

Bo día a todos e todas!!

Chegou a hora de amosarvos os tres recursos que atopei e que poden ser útiles para a aula. Como é lóxico, tratan a temática da diversidade, do respeto e da igualdade entre todas as persoas.

O primeiro que escollín foi un vídeo "Dakota & Nadia performed an AMAZING dance against domestic violence | France's Got Talent 2018", o cal colgaron en youtube. Trata sobre unha muller e un home que deciden participar no concurso chamado "Got Talent" e o que pretenden é expresar a violencia de xénero a través da danza e a música. Deixovos o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=miptWYMnLRw





O segundo recurso que escollín foi unha páxina web que trata sobre as irmáns Mirabal, a historia de tres mulleres que loitaron por alcanzar a igualdade entre ambos xéneros durante o réxime do dictador Trujillo. 

Penso que é un tema moi importante para levar a cabo na clase, xa que amósanos a loita das mulleres por alcanzar os mesmos dereitos e liberdades ca os homes. Desta maneira o que se pretende e conseguir un ambiente escolar favorable para ambos sexos. Deixovos o enlace: https://www.infobae.com/historia/2018/11/25/la-tragica-historia-de-las-hermanas-mirabal-el-origen-del-dia-contra-la-violencia-de-genero-2/



Por último, escollín como recurso un conto chamado "Pepuka y el Monstruo que se llevó su sonrisa”. Penso que é unha apuesta a educación en igualdade para os máis pequenos e pequenas. Unha narrativa visual, poética e existencial de cómo construir relacións de respeto, comunicación e diálogo entre mulleres e homes.

Neste conto o obxectivo, é vencer ao mounstruo que os homes levan dentro pola educación machista. Deixovos o enlace: https://pepuka.es/descargas/dossier_infantil.pdf



RECURSOS PARA A AULA


Bo día, hoxe quero achegarvos os tres recursos que eu atopei e que poden ser útiles para a aula. Como é lóxico, tratan a temática da diversidade, do respeto e da igualdade entre todas as persoas.

O primeiro que escollín foi “Educar en igualdad”, un espazo en red a través do cal poder compartir experiencias e crear sinerxias que favorezan a práctica da educación en igualdade. Deixovos o enlace: http://www.educarenigualdad.org/





Outro recurso sería “Cuerdas: Cortometraje Completo”, que conta a historia dun neno en cadeira de rodas que coñece a unha compañeira que é a imaxe do respeto ao diferente. https://youtu.be/4INwx_tmTKw


A última das miñas eleccións é un formato distinto, un cómic, que se titula así: “Cómic: Pillada por ti”. Foi realizado contra a Violencia de Xénero polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade e busca enfocar unha mensaxe de concienciación e sensibilización aos xóvenes. https://issuu.com/lagruaestudio/docs/comicpilladaporti?backgroundColor=%252523222222