A
nosa sociedade vive plenamente integrada nas novas tecnoloxías. A
educación debe verse beneficiada desta onda de trasformación que
protagoniza a informática. A presenza das TIC ten aumentado moito
nos últimos tempos, o que provoca que os alumnos/as conten con maior
información e medios para aprender.
Hai
multitude de recursos dixitais, dos que falamos no blog, que permiten
aos rapaces e rapazas aprender dunha maneira máis visual e distinta,
o que atrae a súa atención.
No noso caso, consultamos diferentes webs en busca de materiais relativos á violencia de xénero, co obxectivo de que nos fosen válidos para o noso proxecto final na asignatura e tamén para traballar co alumnado de Educación Primaria este tema.
Nos
nosos días, os vídeos explicativos sobre un tema, ou calquera outro
método dixital convértense en algo moi necesario para mantelos
atentos e atentas nas aulas por ser algo co que están moi en
contacto durante moitas horas ao día.
É
por iso que se deseñou un póster no que se recollen os recursos
dixitais que se creron oportunos e xa foron valorados en entradas
anteriores deste mesmo blog. O póster é unha opción alternativa,
que mediante un texto reducido e o seu carácter interactivo
posibilita a aprendizaxe dun tema. Tamén facilita a transmisión de
forma concisa da información. Polo tanto, o póster aportaralle ao
alumnado outra maneira de aprender, desde a tecnoloxía e a
diversidade de técnicas.
Para
rematar, aquí vos deixamos o noso póster compañeiros e compañeiras!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario