Bo día a todos e todas!!
Chegou a hora de amosarvos os tres recursos que atopei e que poden ser útiles para a aula. Como é lóxico, tratan a temática da diversidade, do respeto e da igualdade entre todas as persoas.
O primeiro que escollín foi un vídeo "Dakota & Nadia performed an AMAZING dance against domestic violence | France's Got Talent
2018", o cal colgaron en youtube. Trata sobre unha muller e un home que deciden participar no concurso chamado "Got Talent" e o que pretenden é expresar a violencia de xénero a través da danza e a música. Deixovos o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=miptWYMnLRw
O segundo recurso que escollín foi unha páxina web que trata sobre as irmáns Mirabal, a historia de tres mulleres que loitaron por alcanzar a igualdade entre ambos xéneros durante o réxime do dictador Trujillo.
Penso que é un tema moi importante para levar a cabo na clase, xa que amósanos a loita das mulleres por alcanzar os mesmos dereitos e liberdades ca os homes. Desta maneira o que se pretende e conseguir un ambiente escolar favorable para ambos sexos. Deixovos o enlace: https://www.infobae.com/historia/2018/11/25/la-tragica-historia-de-las-hermanas-mirabal-el-origen-del-dia-contra-la-violencia-de-genero-2/
Por último, escollín como recurso un conto chamado "Pepuka y el Monstruo que se llevó su sonrisa”. Penso que é unha apuesta a educación en igualdade para os máis pequenos e pequenas. Unha narrativa visual, poética e existencial de cómo construir relacións de respeto, comunicación e diálogo entre mulleres e homes.
Neste conto o obxectivo, é vencer ao mounstruo que os homes levan dentro pola educación machista. Deixovos o enlace: https://pepuka.es/descargas/dossier_infantil.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario