miércoles, 13 de marzo de 2019

ENGADIMOS FERRAMENTAS

Hola blogueiros e blogueiras, atópome de novo por aquí !!!

Hoxe vouvos falar das múltiples ferramentas que existen para a creación e utilización de recursos multimedia na aula e aplicables en todas as etapas da educación. Deste xeito poderedes todos vos entretervos e crearlle aos cativos todo tipo de explicacións didácticas, e atractivas para a súa atención e aprendizaxe.

Aca vos deixo algunhas das que máis me gustan a min, aínda que existen moitas máis;

- Videoquiz: Con esta ferramenta poderemos utilizar calquer tipo de vídeos, ven sexa de producción propia ou a utilización de videos existentes de Youtube ou calquera tipo de plataforma. Ademáis poderemos introducirlle música, preguntas, cuestionarios e demáis para que a utilización desta ferramenta sexa máis didáctica.

- Toontastic 3D: Este recurso permite que os cativos poidan dibuxar, animar, narrar as súas historias. Ademáis, é unha aplicación que permite que a través dunha lectura o alumnado exprese o que esta lle suxire a través de imaxes.

- Educaplay: Con Educaplay poderemos realizar exercicios para que os nenos e nenas leven a cabo o explicado na aula.  Deste xeito mediante encrucigramas, sopas de letras, relacionar palabras mediante frechas e demáis recursos o alumnado aprenderá o explicado.

- Xtranormal: Con esta ferramenta poderemos crear vídeos en 3D, o cal será moi atractivo e visual ante o alumnado, crear diferentes escenarios e ter múltiples posibilidades ante cualquera materia.

Espero que vos gustaran estes recursos blogueiros e blogueiras...



No hay comentarios:

Publicar un comentario