jueves, 7 de marzo de 2019

RECURSOS PARA A AULA

Hola blogueiros e blogueiras !!

Tras a miña búsqueda de información de recursos para abordar a temática da violencia de xénero dun xeito didáctico e entretido decanteime pola escolla de dous recursos audiovisuais e de un de carácter escrito. Os meus recursos son os que vos vou amosar de seguido cunha pequena explicación para orientarvos e que vós elixades en cal ou cales adentrarvos.

En primeiro lugar decidín mostrarvos unha cortometraxe, xa que deste xeito tereivos entretidos por un anaquiño e intentarei despertar en vos certos sentimentos e ademáis veredes como é o caso dunha familia na que un membro sofre violencia de xénero e mesmo chega ata a súa defunción por estes malostratos, como arrastra consigo a toda a familia e todo o que isto conleva. Deixovos o enlace: https://youtu.be/cQwJxhIF4DI






Deseguido a miña búsqueda continuou por un método máis didáctico como foi a representación dunha historia dunha parella na cal todo comenzaba dun xeito fermoso con moito amor, pero que pouco a pouco o noivo comezaba a ter momentos de celos, de control ata chegar ao maltratado e a conseguinte violencia de xénero.

Isto explicase neste audiovisual mediante a representación con debuxos e tamén con audio podendo chegar así a persoas con dificultades tanto auditivas como visuais, xa que se entende perfectamente só escoitando ou soamente observando. Deixovos o enlace: https://youtu.be/cQwJxhIF4DI




Para concluír a miña búsqueda centreime nunha
revista, a cal nos achegará certas explicacións e nos responderá a cuestións que todos nos planteamos a cerca da violencia de xénero, dos/as maltartadores/as, das víctimas, das familias, etc. que nos axudarán a comprender máis a fondo este fenómeno. Deixovos o enlace: http://www.revistafusion.com/2006/agosto/temac155.htm


















No hay comentarios:

Publicar un comentario