domingo, 31 de marzo de 2019

CREACIÓN DE MEDIOS AUDIOVISUAIS

Boas a todos e todas! 

Hoxe voltamos os catro autores deste blog para presentarvos os nosos respectivos recursos que elaboramos con cadansúa aplicación. Propoñemos os seguintes recursos:

- Fixemos dous VideQquiz. Un VideoQuiz permite ao usuario responder a unha serie de cuestións, consecutivas ou non, en función das respostas, para obter unha valoración final. Con esta especie de xogo interactivo, o usuario recibe unha pequena recompensa, que opcionalmente pode ser tamén material:
  1. Un do vídeo de "Baile en contra da violencia de xénero- The voice VAYAN A VERLO VALE LA PENA" do que vos deixamos aquí o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=T7bATtNp9EM. No medio do vídeo incluimos preguntas sobre a violencia de xénero. Para realizalo utilizamos EducaPlay, que é unha ferramenta moi doada de utilizar.
  2. O segundo sobre o vídeo "La culpa-Cortometraje maltrato do que vos deixamos aquí o enlace: https://www.youtube.com/watch?time_continue=19&v=K7Xrjmw2fDA . Como no anterior, no medio do vídeo incluimos preguntas sobre o recurso. Para realizalo utilizamos EducaPlay, como no primeiro.
- O terceiro recurso que elaboramos foi un cómic, que relacionamos cos chamados micromachismos aínda moi arraigados na sociedade. Aquí vos queda a imaxe do cómic, que realizamos mediante Pixton, que é máis sinxelo de manexar e permite cambiar os personaxes e os fondos xa establecidos e que son de dominio público, é dicir están dispoñibles para todos e todas.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario