miércoles, 13 de marzo de 2019

ENGADIMOS FERRAMENTAS

Unha vez máis...boas a todos os blogueiros e blogueiras!!!

Hoxe vouvos falar das múltiples ferramentas que existen para que podamos crear e utilizar os recursos multimedia na aula, desta maneira podemos aplicalos en todas as etapas da educación.

Con eles os máis pequenos e pequenas poden entreterse dunha maneira máis divertida e educativa. Logo de indagar un chisco escollín os que máis me gustaron. Este é un pequeno informe sobre algúns deles:

Xtranormal: Con esta ferramenta poderemos crear vídeos en 3D, o cal será moi atractivo e visual ante o alumnado, crear diferentes escenarios e ter múltiples posibilidades ante cualquera materia.

- PowToon: é unha plataforma online na que os máis pequenos e pequenas poden crear vídeos e presentacións animadas. É moi sinxela de empregar e ten unhas gráficas moi boas e atractivas para que os alumnos e alumnas presten atención as explicacións do mestre ou mestra.

- Educaplay: é unha plataforma online onde o alumnado pode crear actividades educativas de todo tipo. É unha páxina moi sinxela onde os máis cativos e cativas poden realizar recuros como crucigramas, sopas de letras... desta maneira aprenden e divírtense simultáneamente.

- Toontastic 3D: é unha apliación gratuita para que os dispositivos móviles , a cal permite crear historias propias, empregando a tecnoloxía  dunha maneira atractiva para motivar ao alumnado a crear diferentes utensilios para a clase.

Espero que vos gustara a todos e todas... saúdos :)

                                         

No hay comentarios:

Publicar un comentario