miércoles, 13 de marzo de 2019

ENGADIMOS FERRAMENTAS


As clases nas que un ou unha docente recitaba un tema e os alumnos/as soamente se adicaban a facerlle caso ou non (en función de cada un) están a piques de quedar relegadas a un segundo plano polo avance das novas tecnoloxías.

É polo tanto que se pode facer un pequeño análise de ferramentas que facilitan a creación e deseño de recursos utilizables nun aula polos docentes. Pódense destacar varios:

- StopMotion: É unha técnica usada na animación. A rasgos xerais, cómpre facer multitude de fotografías manipulando mínimamente a posición dos obxectos (habitualmente materiais utilizados en plástica como a plastilina ou as cartulinas) para que “fotograma a fotograma”, se vaia apreciando movemento dos obxectos retratados.

- Moovly: É unha alternativa para a creación de vídeos tutoriais ou os vídeos de promoción. Pódese utilizar aínda sen ter grande idea nestes ámbitos e permite engadir audios ou mesmo gifs.

. Pixton: Esta ferramenta permite facer algo distinto… cómics!. Deixa moita autonomía para facelo, dunha maneira bastante doada aínda que obriga a rexistrarse. Outro punto forte é que se pode personalizar os personaxes do propio cómic.

Educaplay: Para os amantes dos VideoQuiz, esta ferramenta é das mellores. Pódense crear vídeos didácticos e de carácter interactivo a partir de vídeos normais. Educaplay deixa poñer preguntas no medio do vídeo, o cal é de grande axuda para manter a atención dos rapaces á vez que se favorece a súa comprensión.

Para finalizar esta entrada, comentarvos que a educación ten que avanzar cara a diversidade, que os alumnos e alumnas cooperen sempre na consecución dos obxectivos e para iso hai que adaptarse ao tempo no que vivimos, ao das tecnoloxías, de aí esta entrada sobre ferramentas que nos poden axudar nun aula para introducir as Novas Tecnoloxías nas nosas vidas.

                                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario